Os comerciantes teñen ata o día 10, luns, para anotarse

prolimia
Os comerciantes teñen ata o día 10, luns, para anotarse

Para a nova campaña de Nadal promocionada por ProLimia

A directiva de ProLimia mandou comunicación a todos os seus asociados para que aqueles que queiran participar na campaña do comerzo local de Nadal se anoten.

A decoración exterior dos establecemntos será reutilizando as árbores do ano pasado “tuneadas”.

CARTONS PARA 5 COMPRAS

Cada establecemento repartirá entre os seus clientes uns cartóns con cinco apartados que deberán encher con selos de cada local por cada compra superior a 10€. Todos estes cartçons que estén selados na súa totalidade pasarán ao sorteo final de vales dende 50 a 500 €, para consumo nos establecementos que participaran na campaña.

CUSTO ENTRE 15 e 20 €

Os establecementos de comercio hostalaría, servicios e industria que queiran participar Terán que aboar entre 15 e 20 euros, que será o custo total da campaña.