Os comercios de Xinzo de Limia únense por nadal para mover as compras locais. Por cada compra que se faga nalgún dos establecementos colaboradores e que supere os 10 euros, sortéase un chegue por valor de 1.600 euros. Este premio está dividido a súa vez en catro cheques, dous de 500 euros, un de 350 euros e outro de 250 euros. Deste xeito máis xente ten posibilidade de gañar o sorteo e máis negocios entran a colaborar. O premio non se cobra en metálico senón que se gastará nos locais que participan.
O gran sorte de Nadal terá lugar o día 7 de xaneiro. Nel entrarán as compras que se fagan dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro.
Entre os establecementos que colaboran atópase unha gran variedade dende comercios que venden roupa ou calzado, outros que venden comida, xoguetes ou outros que ofrecen servizos de limpeza. O comercio de Xinzo unido para potenciar que as compras do Nadal se fagan na vila.