O comercio local voltará a saír a rúa partir de mañá

Asemblea de ProLimia 05.05.22
O comercio local voltará a saír a rúa partir de mañá
Esta vez como acción publicitaria o 16 de maio

Hoxe a asemblea de ProLimia acordou esta celebración en plan experimental

Varios eran os puntos da orde do día da convocatoria urxente da asemblea de socios de ProLimia que se levou a cabo ás 20:30 no salón de plenos do Concello.

Membros da directiva
Membros da directiva

A urxencia viña motivada pola petición de algúns socios, para probar unha nova maneira de atraer público ao comercio local. A proposta, aprobada por unanimidade é a de sacar un elemento dos comercios a rúa un día, para promocionar, saldar ou calquera outra acción que de visibilidade ao comercio local.

Esta iniciativa aprobada por unanimidade levarase a cabo o próximo 16 de maio en plan experimental. Si esta acción é frutífera poderá repetirse noutras datas.

PRESENTACIÓN DE CONTAS E NOVAS INCORPORACIÓNS

A presidenta da asociación presentou as contas das tres últimas campañas levadas a cabo por ProLimia, así como a incorporación como vocais de tres membros da asemblea. Estas dúas cuestións foron aprobadas por unanimidade de todos os presentes.