O comercio de Xinzo volve ser agraciado nos días azuis do comercio galego

diasazuis
O comercio de Xinzo volve ser agraciado nos días azuis do comercio galego

2 premios de 300 cada un e 2 de 150 €, total 1.000 €

O comercio de Xinzo , un ano máis, foi o máis agraciado da provincia no programa de Dias Azuis da Federación Galega de Comercio. A campaña comezara o 7 de maio e rematou o pasado 21.

Dous clientas dos establecementos Óptica Lethes e Top Queens lévanse un vale para compras de 300€ cada un e outros dous de Coqueta e Chanquiña repártense 150€ para cada un.

Un ano máis, dentro da provincia de Ourense, os comercios da nosa vila, foron os agraciados coa contía maior de cartos.

prolimiaProLimia, felicita aos centros agraciados e sobre todo aos afortunados que neste caso, son todas mulleres, as que mercaron nos citados establecementos . Tamén se deu a coincidencia que os premiados da Limia foron os mesmos establecementos que o ano pasado.