“Os comercios e negocios de Xinzo necesitan hoxe, máis que nunca, que as nosas compras as fagamos no pobo"

Elvira Lama
“Os comercios e negocios de Xinzo necesitan hoxe, máis que nunca, que as nosas compras as fagamos no pobo"
Amazon ou incluso Inditex e outros xigantes nin crean riqueza no Concello, nin dan traballo aquí, nin pagan impostos en Xinzo

Hoxe presentouse oficialmente a campaña do comercio local que comeza o vindeiro luns, no que se repartirán 9.900 € en cheques para gastar no comercio local.

A presentación arrouparon aos membros do grupo de goberno, case ao completo, membros da asociación ProLimia e da recién creada Asociación de empresarios de Hostalería, a cal desexou Elvira Lama, larga vida.

                               Dentro desta estratexia de dinamización, uno dos pratos fortes da programación de Nadal impulsada polo Concello é a campaña que pretende estimular as compras en Xinzo, á que se adheriron 120 establecementos, entre comercios e hostalería.
“Os comercios e negocios de Xinzo necesitan hoxe, máis que nunca, que as nosas compras as fagamos no pobo, porque teñen de todo, e si algo non teñen seguro que podemos esperar para que o pidan”, explicou Elvira Lama na presentación da programación de Nadal ante os representantes da hostalería e o comercio local.

Lama Fernández fixo un chamamento a mercar en Xinzo: “Amazon ou incluso Inditex e outros xigantes nin crean riqueza no Concello, nin dan traballo aquí, nin pagan impostos en Xinzo. Nesta crise podemos e debemos axudar aos nosos comercios, a nosa hostaleira, que leva un mes pechada, e as empresas de aquí que abren as súas portas cada día con gran esforzo”.