domingo. 02.10.2022

O  programa de educación infantil familiar na Limia é un servizo socioeducativo, de apoio ás familias, coa posta en marcha, un curso máis, de espazos de encontro educativos. Encontros semanais ou quincenais que queren contribuír a potenciar unha parentalidade positiva nos que participan as familias e as crianzas e una profesional do CDR. Unha persoa educadora, animadora, mediadora de interaccións entre adultos e nenos, promotora de reflexións educativas sobre estilos e pautas de crianza.
   Isto que veu facendo Preescolar na Casa desde 1977 –na Limia desde 1985- ata o 2012.
Constatando que segue sendo una necesidade, o contribuírmos á formación de nais e pais para axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus [email protected], retomamos desde o 2015 aqueles obxectivos:
- Crear unha concienciación da importancia do papel da familia á hora de apoiar o crecemento e desenvolvemento do [email protected], reforzar ou modificar actitudes, crenzas e prácticas de crianza.
- Contribuír a crear na sociedade unha cultura da Educación Infantil Familiar e ao desenvolvemento da cultura e da lingua galega.
Así que, un curso máis volvemos convidarte a participar no noso programa de Educación Infantil Familiar xunto coa túa filla/o; podes contactar con nós na Rúa Ladeira 21, Xinzo de Limia, no teléfono: 988461571 ou a través do correo: [email protected] Ou nas nosas redes sociais
Se tés ou vas ter unha crianza de 0 a 6 anos, xa o sabes, anímate a participar nos encontros educativos familiares que se levan a cabo nos diferentes concellos da comarca da Limia.