Comeza a quincena forte de actividades en Xinzo

Comeza a quincena forte de actividades en Xinzo

Xornadas do Folclore, Esquecemento, Feira do Comercio e Feira da pataca (Alimagro)

A partir deste domingo comeza a quincena na que se xuntan todas as actividades programadas para finais da tempada estival e que máis sona teñen, despois do Entroido.

Para comezar, este domingo, chegan As Xornadas do Folclore internacional que tódolos anos organiza a Deputación Provincial e que traerán a Xinzo a grupos de Bolivia, Tahití e Ucraina. As actuacións serán na praza Carlos Casares a partir das 20:30.

Cara o fin de semana seguinte chega a XXIII Festa do Esquecemento, que comezará co acto de encendido do lume o venres e rematará o domingo co paso do río Lethes e a loita de gladiadores.(Ofreceremos programa completo).

Feiras de comercio e Alimagro

E para o último fin de semana e o primeiro de setembro celebraranse as feiras do comercio de Prolimia, na súa terceira edición así como a de exaltación da pataca ALIMAGRO 2023, que este ano promete novidades interesantes.