Comeza a Semana Santa relixiosa
Este domingo ás 12 será a tradicional Bendición dos Ramos
Dende este domingo 25 ata o 1 de abril desenrolaranse os actos litúrxicos da xa moi tradicional Semana Santa de Xinzo, na que destacan a procesión de “Jesus en el huerto”e a do venres santo, do Santo Enterro.
NON HABERÁ VIACRUCIS
Este ano non haberá o viacrucis dos mozos por culpa das predicións metereolóxicas adversas. Este era un dos actos que congregaban a un maior número de novos que acompañaban e teatralizaban a subida de Xeus o monte calvario.
NON SE SABE QUEN PRESIDIRÁ A PROCESIÓN DO VENRES SANTO
Esta mesma mañá representantes da parroquia aínda non confirmaban quen presidiría a procesión do venres Santo. Os últimos anos esta estivo presidida polo veciño de Sarreaus o arcebispo de Belcastro José Carballo.
Para ver a programación completa prema aqui