sábado. 03.06.2023

En menos de unha  semana será a inauguración das instalación do que será o terceiro hipermecado de Xinzo.

Os traballadores apuran as horas para que todo esté perfecto  para que o dia 15, ainda non se sabe a que hora, se proceda a apertura das portas do hipermercado de Mercadona.

Catro millóns de euros de inversión, medio ano de obras e 17 traballadores,  supoñemos que da Limia, dos caseque dous mil curriculums presentados.

Todos falan en Xinzo da apertura, dos 17 escollidos, e sobre todo das da implantación desta nova superficie alimentaria. De como afectará o mercado minoritario da vila,  sobre todo despois do visionado do programa de Jordi Evole da semana pasada.

Comentarios