Comida familiar para celebrar os 104 anos

Elvira Tombo festa cumple 1
Comida familiar para celebrar os 104 anos

Entre ós agasallos non faltou unha \“crema antienrrugas factor 10\”

Elvira Tombo, a avoa da Limia, estivo rodeada hoxe de tódolos seus descendentes, fillos, netos, viznetos e tataranetos nun coñecido restaurante da nosa vila para celebrar os seus primeiros 104 anos de vida.

Dende toda Galicia e dente terras de Toledo, tódolos seus descendentes, máis dous tataranetos que \“veñen en camiño\”, pero que xa estaban ,participaron na comida e acompañaron a Elvira no compromiso de soprar as velas na súa festa.

Non faltaron por suposto os regalos como unha combinación de encaixes, penda sen a cal non sae da casa, ata unha crema \“antienrrugas con protección total, para tomar o sol tódalas tardes antes de acudir a misa (con rosario). Elvira a súa neta confésanos que moitas tardes antes da misa, se vai con tempo, aínda se para a tomar un cortado.

Segue comendo de todo, primeiro prato, segundo, sobremesa, café cortado e chupito de herbas. Nunca tivo que estar hospitalizada, aínda que algunha vez tivo que acudir a urxencias, pero despois dos pequenos \“arranxos\”, durmir a casa.

Parabnes, e como di a canción \“y que cumplas muchos mas……