A Comisión dálle os últimos toques a festa

IMG_20180614_125517
A Comisión dálle os últimos toques a festa

Reuníronse cos responsables do concello

Esta mañá os responsables da comisión da festa do barrio da Telleira reuníronse esta mañá no Concello co responsable da concellería Carlos Gomez, para dar os últimos toques ás cousas pendentes para a realización da festa do barrio. Co concelleiro déronlle repaso a aquelas cuestións que solicitan do concello entre as que están, o desbroce do lugar, a instalación de acometida eléctrica así como outras cuestións menores, pero importantes para a celebración.

Como non podía ser doutra maneira o concelleiro de festexos Carlos Gómez comprometeuse en nome da consistorial para realizar todas aquelas peticións.

Finalizada a reunión as autoridades presentes , incluído o alcalde López Casas, acercáronse para que os medios fixeran a foto de rigor, nestes casos.

CAMBIO DE DATA O ANO QUE BEN

A proposta do concelleiro Carlos Gomez, o ano que ven esta festa trasladarase ao último fin de semana de xuño e dedicarase a S. Cristobal. Fai uns 50 anos este barrio celebraba esta festa dedicada ao patrón dos condutores con grande presenza de camioneiros, taxistas e motoristas. A ide foi moi ben acollida polos responsables da organización dando por feito o cambio, tamén para non concentrarse dúas celebracións o mesmo día en dous barrios diferentes da vila.