O complexo Mistral-Tramontana completa a destrución paisaxística da Serra do Larouco

Xacemento de Igresiña dos Mouros, baixo os aeros do PE de Iberdrola sobre o Larouco. Na páxina 39 da Memoria de impacto patrimonial do proxecto Tramontana
O complexo Mistral-Tramontana completa a destrución paisaxística da Serra do Larouco
STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA convoca asembleas en Celanova e Xinzo o día 5 de novembro para concienciar á veciñanza da gravidade da invasión eólica, que se acelerou nas últimas semanas coa emerxencia de macro proxectos en Verea-Rairiz de Veiga e agora en Xinzo-Baltar-Cualedro

A empresa Four Winds, con sede en Cádiz, promove dous proxectos eólicos que se someten a exposición pública.

O plan de Four Winds pretende a ocupación de 1.027,83 hectáreas para chantar 15 aeroxeradores de 150 metros de altura cunha potencia total instalada de 49,5 MW (no límite de potencia para evitar a tramitación a través do MITECO) con 2 subestacións para a evacuación da produción a través dunha LAT cuxo proxecto se agocha nesta documentación. Sobre esa LAT existe un proxecto en tramitación (Código 2021/0131) que saíu a exposición pública durante o verán de 2021 e que foi contestado STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA con alegación elaboradas pola asociación Petón do Lobo. Daquelas, desde a plataforma, denunciouse “a ausencia dunha avaliación ambiental conxunta e global a totalidade das infraestruturas” (macro polígono e LAT) que agora se repite e que volve restrinxir o dereito da cidadanía á participación pública na avaliación ambiental dos proxectos que como estes están estreitamente relacionados entre si, ademais de atoparnos diante dun claro caso de fragmentación fraudulenta pola división en dous do que en realidade é un mesmo proxecto ou, incluso, pode ser considerada unha ampliación dunha infraestrutura existente.

Proximidade a núcleos de poboación

San Martiño dos Peros, Sabucedo dos Peros e Sendim, aldea do municipio portugués de Montalegre, sufrirían alteracións nos niveis de ruído como consecuencia da implantación da macro central, segundo recoñece o informe de Sertogal para a promotora. Niveis que situarían o ruído nestas aldeas no rango de “sectores del territorio con predominio de suelo de uso residencial” segundo o Real Decreto 1513/2005, di a promotora. Nada di sobre os parámetros da lexislación portuguesa. Non explica tampouco porque considera que non se superan “los valores de referencia” cando equipara estas aldeas con cidades. Simplemente, recolle uns valores e sitúaos na categoría que consente eses valores para dicir que cumpre a norma.

Impacto sobre a fauna: 104 especies protexidas. A macro central proxectase nunha área declarada Zona de Protección da Avifauna. Na relación de aves con presenza na área, a empresa identifica 79 especies. E identifica unha especie de peixe continental, 5 de anfibios, 14 de réptiles, 7 mamíferos e 76 aves con algún grao de protección. En total, asume que na área se atopan 104 especies con diverso grao de protección