Os composteiros máis preto da xente da Limia grazas ó programa Ourense Composta

composteiro
Os composteiros máis preto da xente da Limia grazas ó programa Ourense Composta

Na tarde do luns tivo lugar unha xornada formativa á que acudiron 40 persoas

O luns pola tarde celebrouse a segunda etapa de "Ourense Composta", que pretende achegar ós veciños e veciñas á compostaxe doméstica.

A xornada deu comezo coa ponencia teórica de técnicos medioambientais e seguiu coa proxección de dous vídeos elaborados por SOGAMA. A intención era dar unha explicación completa ós asistentes sobre como se debe facer a compostaxe e que material se pode introducir no composteiro. No referente a este último, tamén se deron claves e pautas a seguir sobre como e onde se debe instalar e como debe usarse.

A presentación foi introducida por Alberto González, da Sección de Xestión Ambiental da Área de Medio Ambiente da Deputación de Ourense. A parte teórica e práctica correu a cargo de Doris Dios Moreno, técnico de medioambiente da Campaña.

A esta fase formativa acudiron 40 persoas de distintos concellos da Limia interesadas en participar no programa.

Ó remate das ponencias tivo lugar unha rolda de preguntas para resolver dúbidas entre os participantes.