COMPROMISO CONVOCA A CELEBRACIÓN DE PRIMARIAS PARA ELEXIR AO SEU CANDIDATO/A Á ALCALDÍA VILAR DE SANTOS

ALCALDE VILAR DE SANTOS
COMPROMISO CONVOCA A CELEBRACIÓN DE PRIMARIAS PARA ELEXIR AO SEU CANDIDATO/A Á ALCALDÍA VILAR DE SANTOS

Pérez Bouza afirma que \“frente aos métodos oscurantistas e pouco participativos dos vellos partidos do sistema á hora de elexir os seus candiatos, están as novas maneiras de enteder e practicar a política de Compromiso\”

Compromiso convoca a celebración de primarias para elexir ao seu candidato/a á Alcaldía de Vilar de Santos. A elección celebraráse o venres día 27 e na mesma poderan participar tódolos veciños/as que o desexen, co único requisito de ser maiores de 16 anos e non estar en contra dos principios e valores que defende Compromiso.

Pero a organización galeguista non só facilita ao máximo a partipación no seu proceso de elección de candidato/a para a Alcaldía de Vilar de Santos, senón que mesmo calqueira veciño/a que simpatice con Compromiso, pode optar a encabezar esa candidatura, sin necesidade de avais previos e coas únicas condicións neste caso, de ter máis de 18 anos, e comunicarllo formalmente ao partido no enderezo eléctrónico info@compromiso.gal antes do martes 24, data na que finaliza o prazo para a presentación de candidaturas.

Por último desde Compromiso fan un chamamento aos veciños/as deste concello para que participen activamente neste proceso, que cualifican de \“novedoso, participativo, transparente e profundamente democrático\”