Ó CONCELLO NON LLE CUSTOU MAIS QUE UNHAS FOTOCOPIAS

Carlos Gómez
Ó CONCELLO NON LLE CUSTOU MAIS QUE UNHAS FOTOCOPIAS

Declaracións do concelleiro de Cultura a Dendealimia:

En primeiro lugar o custo da feira as arcas municipais foron os de as fotocopias en cor que se distribuíron.

Continuou manifestando o concelleiro que o que el puido recoller no seu paso polos bares do barrio dabaixo o fin de semana foi o contrario do manifestado no dendealimia \“DIS QUE DIN\”.

A min varios locais felicitáronme pola feira. Ninguén me manifestou que iso ía en contra da hostalería de Xinzo, se non todo o contrario.

É mais, xa fai tempo que varios hostaleiros da vila me manifestaron a súa intención, xunto co concello de organizar algunha festa da cervexa.

Repito que a cultura non lle custou nada, e despois de recorrer o fin de semana varios locais, ninguén lle puxo en entredito a instalación da carpa na praza maior. Si é verdade que tampouco había moita xente polos viños por mor do frío e da chuvia.

PRESENTACIÓN DO ENTROIDO 2015

Aproveitamos para preguntarlle a Carlos Gómez, pola data de presentación oficial do entroido 2015, indicándonos que en principio será o xoves 22 ó longo da mañá.