O Concello de Xinzo cede o uso dunha aula da Casa da Cultura á Asociación Mimiños

Alaba, Melisa, Esperanza e Mila coa alcaldesa
O Concello de Xinzo cede o uso dunha aula da Casa da Cultura á Asociación Mimiños

A asociación utilizará a aula para levar a cabo actividades propias do fin da mesma, de apoio a pais e nais.

O Concello de Xinzo de Limia cede o uso da aula Carlos Casares da Casa da Cultura á Asociación Mimiños, que nace co obxectivo de que os pais e nais poidan compartir as súas dúbidas e experiencias. Lactancia materna, alimentación complementaria, crianza con apego ou disciplina positiva son só algúns dos temas sobre os que se ofrecerá asesoramento nestas instalacións. A alcaldesa, Elvira Lama, asinou esta tarde o convenio coa asociación e puido compartir coas súas integrantes os obxectivos que perseguen como rede de apoio á maternidade e paternidade. “As nais e pais que teñan inquedanzas atoparán aquí un sitio idóneo para compartilas e obterán apoio”, asegurou a rexedora.

cats
Momento da firma da cesión da aula