O concello de Xinzo dá conta de axudas para os gastos de matrícula universitaria e para mobles de cociña

Casa_do_concello,_Xinzo_de_Limia,_Ourense_12
O concello de Xinzo dá conta de axudas para os gastos de matrícula universitaria e para mobles de cociña

O prazo para solicitalas remata en outubro

A concellería de Servizos Sociais de Xinzo dá conta de axudas para pagar os gastos de matrícula do alumnado que inicie estudos universitarios entre 2015 e 2016. Toda esta información sae publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), do día 28/09/15. Estas axudas poden solicitarse ata o 28 de outubro. A tramitación pode facerse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no formulario ED441C, ou ben en soporte papel.

A concellería tamén recolle axudas para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño, quedan excluídos os electrodomésticos. A información publícase no DOG do 24/09/15 e poden solicitarse dende o 6 de outubro ata o 16 de novembro. Son axudas enmarcadas no Plan Reforma 15 posto en marcha pola Xunta de Galicia. A tramitación farase nos establecementos de venda dos materiais e mobiliarios que estén adheridos a dito programa.

Para obter máis información poden achegarse ó departamento de Servizos Sociais de Xinzo, na avenida de Ourense nº 19, na parada de autobuses, ou ben chamar ó 651 84 54 99.