O Concello de Xinzo quere liberar ao Limia de "Basuraleza"

ruta 2
O Concello de Xinzo quere liberar ao Limia de "Basuraleza"
Este é o novo término para denominar a basura que deixamos nos entornos naturais

A iniciativa levarase a cabo o sábado en colaboración con Cabreiroá e o Proxecto Libera e terá o Parque do Toural como punto de encontro.

ruta 1Un novo termo xorde da mobilización a prol do medioambiente. Denomínase “basuraleza” aos residuos xerados polo ser humano e abandonados na natureza e os veciños de Xinzo terán a ocasión de liberar destes restos o entorno do río Limia nunha actividade de sensibilización ambiental que se levará a cabo esta fin de semana. A iniciativa xorde en colaboración con Cabreiroá e o Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes. Estase a poñer o acento nos tramos do Camiño de Santiago.

As actuacións que se levarán a cabo durante a actividade, que terá o parque do Toural como punto de encontro, son a limpeza e caracterización dos residuos atopados, é dicir, da “basuraleza”. Trátase tamén de realizar unha ruta interpretativa na que os participantes, acompañados por un guía naturalista, observarán os recursos naturais do entorno.

O concelleiro de Servizos Públicos, Rafa Penabad, valorou moi positivamente esta iniciativa que promove a concienciación dos veciños sobre a importancia de manter libre de lixo o entorno, nun concello con valiosos recursos naturais.

Os interesados en participar poden solicitar información nos números de teléfono 988 460 256 ou 988 550 507. A actividade terá unha duración aproximada de tres horas, de 10.00 a 13.00 horas, e as inscricións poderán realizarse no pavillón de deportes ou no código QR que figura no cartel da iniciativa e que se está a difundir a través das redes sociais do Concello de Xinzo.