Os concellos da Baixa Limia xunto coa Deputación estudarán a creación dunha entidade asociativa para potenciar proxectos estratéxicos na comarca

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) cos alcalde dos concellos da Baixia Limia, Lobios, Lobeira; Bande, Muiños e Entrimo.
Os concellos da Baixa Limia xunto coa Deputación estudarán a creación dunha entidade asociativa para potenciar proxectos estratéxicos na comarca
Manuel Baltar e os alcaldes e alcaldesas de Bande, Muíños, Lobios, Entrimo e Lobeira impulsarán unha iniciativa “que dea resposta á visión de comarca coa que todos estamos comprometidos

A Deputación de Ourense e os concellos da Baixa Limia estudarán a posta en marcha dunha entidade asociativa “que dea resposta á visión de comarca coa que todos estamos comprometidos e facilite o desenvolvemento de proxectos estratéxicos”, anunciou esta mañá o presidente provincial, Manuel Baltar, ao remate do encontro que no Balneario de Lobios mantivo cos alcaldes e alcaldesas da comarca: Sandrá Quintas (Bande); Plácido Álvarez (Muíños); Ramón Alonso (Entrimo); María del Carmen Yáñez (Lobios); e o concelleiro Antonio Regueira, en representación de Lobeira.

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) cos alcalde dos concellos da Baixia Limia, Lobios, Lobeira; Bande, Muiños e Entrimo.
Alcaldesa de Lobios con Manuel Baltar

Manuel Baltar cualificou de satisfactoria unha reunión “na que se puxo de relevo a necesidade de traballar conxuntamente”, o que se reflicte nas conclusións da xuntanza, entre as que destacan cinco cuestións relacionadas co turismo, a promoción de actividades, infraestruturas, economía e termalismo.

O primeiro dos asuntos esta relacionado coa apertura da rede de Portas do Xurés, constituída por seis centros de interpretación do parque natural, incluído tamén o situado en Calvos de Randín. O presidente provincial, que se comprometeu a buscar a través do Inorde unha fórmula estable para manter a apertura destes centros, avanzou que na modificación de créditos que se presentará ao pleno o de abril se incluirá unha subvención nominativa de 9.000 euros a favor de cada un dos seis concellos, “co fin de garantir que estas oficinas estean abertas aos visitantes alo menos durante 3 meses, do 15 de xuño ao 15 de setembro”.

Por outra banda e xa centrados nos cinco municipios que conforman a Baixa Limia, Manuel Baltar informou que en tanto non se constitúa a entidade asociativa acordada a Deputación consignará na citada modificación de créditos unha partida de 50.000 euros -10.000 para cada concello- destinados a financiar as distintas actividades culturais, deportivas e recreativas que forman parte do proxecto Xurés Experience, apoiado xa no seu momento polo goberno provincial.