Os concellos da Limia Alta recolleron o material de protección para os máis vulnerables

Entrega material Protección contra Covid-19
Os concellos da Limia Alta recolleron o material de protección para os máis vulnerables

Foi doado polo veciño Javier Gómez Salgado

Nesta mañá membros de protección civil e servizos sociais de distintos concellos da Limia, neste acto os de Sandías, Calvos, Blancos e Baltar recolleron un pack para repartir entre o persoal que está directamente en contacto coas persoas maiores dos seus concellos.

120 Batas, 120 gorros e 500 mascarillas

Dende o momento do chamamento feito a través de dendealimia.com, os servizos de axuda dos concellos comezaron a enviar os datos de nº de persoas que estaban a realizar os traballos en cada concello.

Para cada grupo Javier preparou 5 batas, 5 gorros 50 mascarillas e 50 pares de luvas. O concello que máis levou foi o de Baltar que conta con 12 persoas.

Os outros concellos V. De Barrio, V. De Santos, Sarreaus recibirán o material esta tarde e os concellos de Rairiz , Trasmiras e Porqueira, é de supoñer que teñen as súas necesidades cubertas. Protección Civil de Xinzo xa recolleu onte 500 mascarillas para repartir entre a xente dos pobos.

Mais de 2000 mascarillas nos últimos días

IMG_20200402_123626Javier Gómez comenta que nos últimos días leva repartido 2.000 mascarillas entre os que llo solicitaron, incluída algunha farmacia da vila que non tiña para os seus empregados. No acto de entrega desta mañá, Javier Gómez comentoulle aos que viñeron recoller o material, que si necesitaban máis, que chamaran outra vez, e si sobraba, que non habería problema.

Todos os concellos agradeceron publicamente a doazón deste veciño e algún alcalde manifestou a dendealimia esta mesma mañá, que na primeira reunión do grupo de goberno de crise que teñen no seu concello, tomarán un acordo de agradecemento oficial por parte do Concello, que farán chegar a Javier.