Concentración contra os eólicos en Xinzo

convocatoria MOBILIZACIÓN XINZO 11D (1)
Concentración contra os eólicos en Xinzo
Hoxe 11 de decembro ás 12:00

Con motivo do Días das Montañas, a coordinadora Eólica Así NON organiza en toda Galiza unha xornada de protesta contra a invasión eólica que se desenvolverá en 18 mobilizacións veciñais de carácter comarcal e provincial. No caso de Ourense, a concentración que o ano pasado se levou a Laza para denunciar a desfeita que suporía a construción de macropolígonos eólicos no Macizo Central, celebrarase este ano en Xinzo de Limia, para visibilizar a alerta diante da enxurrada eólica nas comarcas limiás, onde nestes momentos están a exposición pública o complexo Mistral-Tramontana na serra do Larouco, e o complexo Lamas de Feás-Lamas II entre A Aguioncha e Pena Loba.

A concentración terá lugar na praza Maior de Xinzo este domingo a partir das 12 horas, e máis de vinte colectivos e plataformas de Ourense e do país apoian a protesta.