Na tarde do venres a Igrexa nova de Xinzo converteuse no auditorio onde a Agrupación Musical da Limia ofreceu aos presentes varias obras do seu repertorio e para finalizar fixo a presentación da obra MAN
CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA
A orquestra limiá vai a ser invitada por primeira vez, sendo a única agrupación ourensá ao XI certame galego de bandas de música populares que se celebrará en Santiago de Compostela os días 25 e 26 deste mes de setembro.
Para participar neste festival a agrupación presentará unha obra inédita denominada MAN. O autor é o “mestre” Antón Alcalde e trata da vida dun hermitaño alemán, que chegou a terras galegas e non quixo voltar. Este home viviu a traxedia do Prestige e da posterior Marea Negra morrendo despois destes acontecementos.
Ata chegar a presentación, a agrupación ofreceu ao público asistente varias composicións do seu repertorio habitual entre as que se encontran La Leyenda del Beso; El Sitio de Zaragoza e No llores por mi Argentina.
Cada unha das interpretacións foi respostada polo publico con fortes e largos aplausos chegando a cúspide unha vez rematou a interpretación da obra MAN coa que se presentarán en Santiago.