Concurso conmemorativo do Estatuto de Autonomía de Galicia

1 2015 Cartel concurso Estatuto
Concurso conmemorativo do Estatuto de Autonomía de Galicia

A Deputación de Ourense convoca o II Premio de \“Estatuto de Autonomía de Galicia de debuxo e redacción escolar\”.

Ata o 18 de marzo, os alumnos dos centros de educación infantil, primaria, educación especial e ESO, da provincia de Ourense, poderán presentar os seus traballos para participar no concurso.

En canto as modalidades, os alumnos de educación infantil, primaria e de educación especial participarán presentando un debuxo ou traballo artístico baixo o lema do concurso: \“O Estatuto de Autonomía de Galicia: recoñecemento dunha nacionalidade histórica\”.

Por outro lado, os alumnos da ESO realizarán unha redacción sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia, mínimo sete folios e máximo doce. A redacción deberá estar escrita en galego. Os traballos poderán presentarse en papel ou en soporte electrónico no Rexistro Xeral da Deputación de Ourense.

Os premios entregaranse nun acto que se celebrará no Centro Cultural \“Marcos Valcárcel\” da Deputación de Ourense o día 6 de abril, conmemorando o Día do Estatuto de Autonomía de Galicia. En calquera das dúas modalidades, premiarase aos tres mellores de cada un dos niveis educativos cun diploma, unha colección de libros e material audiovisual.

As bases do concurso podense consultar na web da Deputación de Ourense.