Concurso no Carlos Casares

578
Concurso no Carlos Casares

A ANPA do CEIP Carlos Casares celebrou hoxe unha reunión ordinaria na que ademais dos asuntos de trámite ordinarios de funcionamento da asociación, puxeron en marcha un concurso para escoller a portada e a contraportada da que será a axenda para o curso 2018/19 dos escolares do centro.

O concurso abriuse hoxe para os escolares deste centro e rematará no mes de decembro, cando nas celebracións de Nadal que organiza o centro e nas que colabora tamén a ANPA, se escolleran os traballos gañadores.