Coñecer todo Galicia sen sair de Celanova

campamento verán celanova
Coñecer todo Galicia sen sair de Celanova

A Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova do 6 ó 31 de xullo organiza un campamento de verán.

A Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova do 6 ó 31 de xullo organiza un campamento de verán impartido por Xurxemurxe Xestión Cultural.

Destinado a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos e cun horario de 10:30 a 13:30, “Unha volta por Gallicia” engloba actividades coa que se pretende que coñezan o territorio galego, a súa tradición oral, a súa cultura, a súa literatura, o seu patrimonio cultural, histórico, artístico e etnográfico a través dunha viaxe polas catro provincias da nosa comunidade.

Para inscribirse (máximo de 20 prazas) e consultar as normas e condicións sanitarias deberase contactar coa Fundación Curros Enríquez. Teléfono 646026421 ou fundacion@currosenriquez.es

PROGRAMA COMPLETO DO CAMPAMENTO

campamento verán celanovaLUNS, 6 DE XULLO Creación dun mapa de Galicia.
MARTES, 7 Role playing: o camiño de Santiago.
MÉRCORES, 8 Taller musical e creativo: Galicia a través do baile.
XOVES, 9 Taller creativo: artistas e literatos galegos.
VENRES, 10 Coñecemos A Coruña.
LUNS, 13 Taller creativo: repintamos os monumentos máis significativos da Coruña.
MARTES, 14 Taller teatral: contos, lendas, pobos e acentos da Coruña.
MÉRCORES, 15 Xogos populares e tradicionais da Coruña.
XOVES, 16 Coñecemos Pontevedra.
VENRES, 17 Taller teatral: contos, lendas, pobos e acentos de Pontevedra.
LUNS, 20 Marisqueamos polas Rías Baixas.
MARTES, 21 Xogos populares e tradicionais de Pontevedra.
MÉRCORES, 22 Coñecemos Lugo.


XOVES, 23 Taller teatral: contos, lendas, pobos e acentos de Lugo.
VENRES, 24 Gastronomía lucense.
LUNS, 27 Coñecemos Ourense.
MARTES, 28 Taller creativo: repintamos os monumentos máis significativos de Ourense.

MÉRCORES, 29 Saída por Celanova.

XOVES, 30 Taller creativo: o entroido ourensán.

VENRES, 31 Festa de entroido