A Confederación do Miño-Sil intensifica os traballos de conservación no río, Limia, ao seu paso polos munipios de, Xinzo de Limia e Porqueira.

LIMIA 2
A Confederación do Miño-Sil intensifica os traballos de conservación no río, Limia, ao seu paso polos munipios de, Xinzo de Limia e Porqueira.
No que respecta ao rio Limia, a zona de actuación abarca 6 km de leito

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), continúa os traballos de limpeza de ríos na provincia de Ourense. Esta semana trabállase nos ríos Avia, Limia, Bibei e Xares ao seu paso polos municipios ourensáns de Rivadavia, Xinzo de Limia e O Bolo; estas actuacións están incluídas no Encargo á empresa Tragsa para o Servizo de Conservación e Restauración de leitos da Demarcación Miño-Sil, que se prorrogarán ata final de ano.

foto LIMIANo que respecta ao rio Limia, a zona de actuación abarca 6 km de leito, ao seu paso polos municipios de Xinzo de Limia e Porqueira, zona na que se detectaron gran cantidade de árbores secas con risco de caída ao leito e a zonas moi transitadas por vehículos, ciclistas e viandantes. Ademais de árbores caídas sobre o leito do leito formando taponamentos e que prodrían provocar problemas máis importantes en época de avenidas e residuos sólidos urbanos en dominio público hidráulico e zona de servidume.
“Esta Encomenda finalizará no segundo semestre de 2020, aínda que, estamos a tramitar, do mesmo xeito que en 2019, un contrato complementario de reforzo para conservación de leitos a través do que daremos cobertura a un maior número de tramos con problemas”, todo iso co ánimo de previr inundacións e avenidas que puidesen afectar as persoas e os seus bens” explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS. Estes traballos que están a ser executados por 4 brigadas, compostas por 4 operarios especializados e un capataz cada unha, supoñen un investimento total próximo aos 75.000 euros.