Conferencia de nivel mundial en Xinzo

cartel
Conferencia de nivel mundial en Xinzo

A presidenta do Comité da ONU para a Eliminación da Discriminación contra a Muller ofrecerá unha conferencia en Xinzo de Limia

A charla desta convidada de excepción terá o sábado como escenario a Casa da Cultura e está previsto que comece ás 17.00 horas.

Ana Peláez
Ana Peláez

Non son moitas as oportunidades que se presentan na vida para escoitar de preto a unha muller da talla de Ana Peláez. A presidenta do Comité da ONU para a Eliminación da Discriminación contra a Muller ofrecerá esta sábado unha conferencia na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. No seu currículo, difícil de comprimir nunhas liñas, tamén figuran os cargos de vicepresidenta executiva da Fundación CERMI Mulleres, Alta Comisionada da para a Solidariedade e a Cooperación Internacional do Grupo Social ONCE e vicepresidenta da Fundación ONCE para América Latina. Está previsto que a conferencia, enmarcada na programación do 8M elaborada polo Concello de Xinzo, comece ás 17.00 horas.

Dende o Concello de Xinzo animan á cidadanía a participar na charla de Ana Peláez, a primeira muller española que accede á relevante responsabilidade internacional como presidenta do Comité da ONU para a Eliminación da Discriminación contra a Muller.