viernes. 31.03.2023

O Sábado 04 de Febreiro de 2023 celebrarase  o día Internacional dos Humedais cunha xornada organizada pola sección da Limia da SGHN cunha visita aos humedais recuperados por esta asociación.

O punto de encontro será  diante do Concello de Sandiás ás  09:45 h para as actividades da mañán e 16:00 h para as actividades da tarde.

Para participar,deberemos apuntarnos no Concello (Tlf: 988 46 50 01) indicando unha das dúas opcións: - Actividade - Actividade + reserva comida no Restaurante Novaiño (Piñeira de Arcos).

Das 10:00 a 13:45 h realizaranse visitas  aos traballos no "Humidal Antonio Villarino" (propiedade de SGHN) e a Veiga de Gomareite (extremo N da antiga lagoa de Antela).

Das 16:00 a 18 h, faranse visitas  aos proxectos nas areeiras da Limia.

Para rematar a xornada ás 18:30 h haberá unha charla coloquio sobre o complexo húmido Limia-Antela na "Casa da Lagoa" en Sandiás polo presidente da SGHN, Serafin González.