Este sábado a sección Antela da Sociedade Galega de Historia Natural está de celebración. Celebrarase cunhas visitas as accións levadas a cabo por esta sección e cunha comida.
◾Data: Sábado 04 de Febreiro de 2023
◾Punto de encontro: diante do Concello de Sandiás
◾Horas de encontro: 09:45 h para as actividades da mañán e 16:00 h para as actividades da tarde.
◾Para participar, apuntarse no Concello (Tlf: 988 46 50 01) indicando unha das dúas opcións: - Actividade - Actividade + reserva comida no Restaurante Novaiño (Piñeira de Arcos). Menú do día: 13 Euros
◾10:00 a 13:45 h: Visitas aos traballos no “Humidal Antonio Villarino” (propiedade de SGHN) e a Veiga de Gomareite (extremo N da antiga lagoa de Antela).
◾16:00 a 18 h: Visitas aos proxectos nas areeiras da Limia. ◾18:30 h: Charla sobre o complexo húmido Limia-Antela na “Casa da Lagoa” en Sandiás polo presidente da SGHN, Serafin González.