Consternación na Limia polo pasamento do empresario Vicente Fernández Blanco

blanco quintas
Consternación na Limia polo pasamento do empresario Vicente Fernández Blanco

Tiña 45 anos e foi descuberto sen vida na súa vivenda onte pola mañá

Vicente e máis o seu irmán Francisco rexentaban unha das empresas de materiais de construción \“Blanco Quintas\” de referencia non so na Limia , se non en Galicia.

Ata a vivenda achegáronse os servizos de urxencias do 061 pero nada puideron facer pola súa reanimación. Posteriormente foi o médico forense quen se acercou ata a vivenda para certificar o seu pasamento. Logo foi trasladado ata dependencias do CHUO para proceder a realización da autopsia.

As instalacións da empresa sitas a entrada de Xinzo , atopáronse pechadas no día de onte en sinal de loito.