sábado. 30.09.2023

Elvira Lama anunciouno na súa paxina persoal recordando a súa personalidade e a súa valía.

IMG-20201204-WA0003Unha gran perda como compañeiro, como pai, como mestre, e como amigo e colaborador na Presidencia de Prolimia. Un home alegre, bo e xeneroso, que nos malos momentos encaraba a vida cun sorriso. Unha gran persoa, das que sempre suman e non restan. Sempre agradecida polo teu alento. Apertas para Esperanza, Lucia e Clara para a família e para os amigos e amigas que son moitos. Boa viaxe Amador Conde.