Continúa o CAMPUS 2016 de Xinzo

campamento urban 1
Continúa o CAMPUS 2016 de Xinzo

Ós maiores tocoulle esta maña, atletismo nun lugar tan axeitado para a especialidade, como é o Parque do Toural

Algúns levan xa a primeira quincena e outros/as entraron na segunda quincena, pero todos seguen coas mesmas gañas de facer cousas e de pasar as mañás divertidas e practicando deportes como baloncesto, balonmán, natación e visitas ao parque de Cerceda.

POKÉMONS GO

Pero non todo e deporte, mentres esperaban a que lle tocara a quenda para o circuíto preparado polos monitores, baixo os carballos do parque, a conversa entre os rapaces e rapazas non era outro que o xogo de última hora. E afondando máis no mesmo, os mais adestrados xa indicaban que o único problema era poder xogar, pola súa idade. Nese momento houbo que respondeu que non había que preocuparse posto que si puñas como data de nacemento o ano 2000 e estaba todo arranxado.