Continúan a bo ritmo os traballos do Foxo do lobo de Guende

foxo do lobo1
Continúan a bo ritmo os traballos do Foxo do lobo de Guende

Estanse a desenvolver favorablemente os traballos de consolidación da Casa do lobo de Guende, no concello de Lobios. Situada no incomparable marco do Xurés e rodeada dos seus picos máis míticos (Fontefría, Aurela Branca da Teixeira, Picouto de Prado Seco e Nevosa), con alturas superiores aos 1500 metros, a impresionante trampa para lobos, xa presenta a súa silueta entre as montañas.

A medida que avanzan os taballos, ímonos decatando do importante valor patrimonial e monumental desta trampa, pois os muros rondan o metro de anchura e presentan unha altura de case tres metros, cun espectacular paramento interior, formado por pedras grandes e lisas moi ben cortadas, que impedían o agarre das garras do lobo no seu intento escapar. Á súa vez, tomanos contacto coa magnitude que tivo que supor para os paisanos da Idade Media, cortar a pedra e construir con medios manuais, cordas e poleas, esta monumental trampa do Xurés.

Ademais da importancia arqueolóxica deste foxo dos lobos, é preciso destacar o valor que representa para o Patrimonio Cultural Inmaterial da Reserva da Biosfera do Xurés, pois engloba toda a idiosincrasia artellada a carón do lobo ao longo dos tempos, coas súa lendas, a súa persecución, o seu venvellamento co mal e a loita encarnizada do ser humano co cánido na procura da súa extinción.

Precisamente para darlle atractivo á visita turística e incrementar o miticismo desde elemento patrimonial único no país, varias siluetas de lobo foron colocadas no camiño de acceso ao foxo. Os lobos diseñados e colocados polo escultor Toño Monteiro, xa ouvean porriba das pedras, recortándose no hourizonte da paisaxe xuresiana. O ouveador, o malo, o cazador, o corredor... xa guían aos turistas que se acheguen ao foxo; algún vese claramente ao borde do camiño, pero algún deles hai que buscalo, pois el está a espreitarnos nalgún penedo, coma o propio lobo que segue ás persoas no bosque sen que elas se decaten ata conseguir porlle os pelos de punta.

foxo do lobo2A cultura do lobo natural e o seu legado patrimonial é unha fonte de riqueza que pode contribuir a unha sensible mellora das economías locais: con visitas guiadas, escoitas nocturnas do ouveo do lobo, seguimento das súas pegadas...; por eso é importante conservar o seu legado, incrementar a sensibilidade dos habitantes da comarca na procura da súa conservación, e mediar de maneira positiva por parte da administración pública, nos posibles conflictos que se deriven dos ataques do lobo ao gando.