Continúan os chamamentos ao uso responsable da auga ante a preocupación pola seca

Continúan os chamamentos ao uso responsable da auga ante a preocupación pola seca
O Alto e o Baixo Miño están nunha situación normal; en prealerta no Alto e Baixo Sil; e alerta nos ríos Cabe e Limia

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) celebrou a VII reunión da Oficina/Mesa Técnica da Sequía da CH Miño-Sil para a Seca, constituída o pasado mes de febreiro.

O ano hidrolóxico máis seco

A precipitación rexistrada durante o presente ano hidrolóxico é un 41,8% inferior á media histórica; os encoros están ao 51,30% da súa capacidade, o que é un 18,17% inferior á media histórica e os caudais circulantes son un 40,1% inferiores aos habituais para esta época do ano.

Unha vez analizados todos os parámetros, segundo o PES –Plan Especial de Seca-, os escenarios actuais son normais tanto no Alto como no Baixo Miño, Prealerta nas cuncas Alta e Baixa Sil, e Alerta nos ríos Cabe e Limia. Cómpre sinalar que este é o ano hidrolóxico máis seco da serie histórica, aínda que similar ao actual dos anos 2002, 2005, 2011, 2012 e 2017, que amosa os efectos adversos do cambio climático.

Medidas e recomendacións

Como recomendacións xerais, dende a CHMS lembran aos Concellos a necesidade de facer un uso sostible da auga e a aplicación de medidas de aforro; evitando o lavado de rúas, o rego de xardíns, pistas deportivas, a eliminación de fontes, e mesmo ordenando que avalen a necesidade de realizar restricións horarias de auga, entre outras medidas. Ademais, enviaranse cartas ao resto de Usuarios da Auga, como Comunidades de Regadíos e empresas hidroeléctricas, instándolles a realizar actuacións que melloren a eficiencia no uso deste recurso.

Ante a situación de Alerta nos ríos Cabe e Limia, instarase aos Concellos da zona a ser máis estritos coas medidas de aforro, restrinxindo o uso ao básico, e a estar máis atentos no cumprimento das recomendacións e elaboración de bandas sobre o aproveitamento do recurso, como administración competente e xestor do abastecemento ás poboacións.

“Para concluír e tendo en conta que as previsións a medio prazo prevén que a situación de seca continuará nos próximos meses, é fundamental, ademais de adoptar medidas, concienciar á poboación desde a Administración local, a máis próxima ao cidadán e competente en abastecemento, uso racional e responsable da auga, lembrándolles que estamos ante un recurso limitado, necesario e dependente das condicións climáticas”, concluíu o presidente da CHMS.