Continúan os cribados voluntarios en Xinzo

Cribados Xinzo 17.01.22
Continúan os cribados voluntarios en Xinzo

Hoxe, mércores e venres desta semana

No mesmo horario que na semana pasada, o Sergas sigue facendo rastrexos a todos aqueles veciños de Xinzo e da comarca que queiran, voluntariamente.

AUMENTO A 200 POR DÍA

Esta semana están citadas 200 persoas cada día, cincuenta máis que a semana pasada. Segundo unha das persoas voluntarias que participan no operativo desprazado ata Xinzo, para o mércores e para o venres, é posible que queden algúns ocos libres. Todos aqueles que queiran realizar a proba, teñen que entrar na páxina do Sergas para anotarse.

CERO POSITIVOS

Na tarde de hoxe, cando xa pasaran mais da metade dos citados os resultados non podían ser máis alentadores, posto que non se detectou ningún caso positivo.