O Coro Aimil clausura o faladoiro sobre Carlos Casares

IMG_5287
O Coro Aimil clausura o faladoiro sobre Carlos Casares

Esta noite seguirá a música en Xinzo cun tributo musical a Carlos Casares baixo a carpa montada na praza que leva o seu nome.

Tralo "Faladoiro arredor de Carlos Casares" no que participaron Delfín Caseiro e Antón Riveiro Coello, o Coro Aimil de Xinzo de Limia ofreceu un breve concerto no Auditorio da Casa da Cultura.

Interpretaron algunhas das máis coñecidas cancións populares na nosa lingua.

Diante de preto dun cento de persoas, as cantareiras e cantareiros –acompañados dunha pequena banda de gaitas– interpretaron algunhas das máis coñecidas cancións populares na nosa lingua.

IMG_5288

Os escritores e autoridades políticas presentes ficaron no Auditorio a escoitar a actuación da agrupación coral polifónica.

Esta noite seguirá a música en Xinzo cun tributo musical a Carlos Casares baixo a carpa montada na praza que leva o seu nome. Será a cargo do Grupo Ruta a partir da medianoite.

IMG_5285