Cortada a A-52 en Xinzo dirección Ourense
Para coller a autovía en Xinzo hai que ir a Sandiás ou a Abavides
Moitos condutores que non o saben, saen de Xinzo para coller a A-52 cara Ourense e encóntranse con letreiros na rotonda da Dama da Lagoa e na gasolineira de que a autovía A-52 atópase pechada, anunciando que hai que ir ata Sandiás pola N-525.

O de que a A-52 estea cortada, está mal indicado. A Garda Civil, xa avisou a estradas, segundo nos confirmou unha parella de servicio, posto que os automóbiles que veñen pola propia autovía desvíannos cara o carril da outra dirección dende a saída de Abavides ata a saída de Sandiás, pero dende Xinzo, non se pode acceder a mesma.
PRECAUCIÓN E PACIENCIA
A dirección galega de estradas non informou do tema e non se sabe canto tempo vai a estar pechada a incorporación a A-52 en Xinzo e as saídas da mesma cara a Xinzo, tanto na saída norte, como sur, indo en dirección a Ourense.