Crearase unha mesa sectorial antes que finalice o mes de marzo

IMG-20190111-WA0006
Crearase unha mesa sectorial antes que finalice o mes de marzo

O conselleiro cualificou a comarca da Limia como “a despensa de Galicia”

Estanse redactando os proxectos de obra e completándose os trámites medioambientais necesarios, para iniciar canto antes as actuacións.

O Conselleiro do Medio Rural, José González, visitou a comarca ourensá e aproveitou para anunciar que o seu departamento investirá este ano 4,3 millóns de euros na modernización dos regadíos da zona. O titular deste departamento explicou que actualmente estase en fase de redacción dos proxectos de obra e de trámites medioambientais, co obxectivo de contratar as actuacións e inicialas canto antes.

José González sinalou ademais que “en breve está previsto convocar unha nova reunión do Comité de Seguimento dos Regadíos” co obxectivo de informar dos seguintes paseos a seguir. Estas obras, que está previsto iniciar este ano, terán unha importante repercusión sobre os cultivos da zona, especialmente da pataca, un produto que, en palabras do conselleiro, “nos identifica como galegos” e que nesta zona está amparada pola Indicación Xeográfica Protexida.

Ademais, o conselleiro anunciou a creación dun grupo de traballo específico cos agricultores e gandeiros da Limia que se reunirá antes de que acabe o mes de marzo para abordar as súas demandas e tratar de darlles solución.

Quedou sorprendido polas explicacións e plantexamentos do sector

Amador Penín, un dos dez representantes da asociación de produtores de pataca que se reuniron co conselleiro manifestou que a impresión final da reunión foi totalmente positiva. O conselleiro recibiu as nosas peticións con moito interese, sobre todo a da convocatoria dunha mesa de traballo sobre a situación da agricultura e gandería na comarca.

Sobre o tema do regadío Amador di que a primeira reunión na que el participou , daquela en Madrid, foi no ano 99. A ver si desta vez vai para diante o que queda deste proxecto.