Cs pide melloras nas piscinas exteriores de Xinzo de Limia

Cs pide melloras nas piscinas exteriores de Xinzo de Limia
A concelleira de Cidadáns en Xinzo de Limia, Montse Lama, tamén presenta unha moción para o próximo pleno na que insta o goberno local a estudar a posibilidade de crear un espazo para as mascotas

A concelleira de Cidadáns ( Cs), Montse Lama, presentou dúas mocións para incluír no próximo pleno de Xinzo de Limia. A concelleira de formación liberal quere denunciar a grave deterioración que presentan as piscinas exteriores deste Concello e insta o Goberno local a elaborar un proxecto de remodelación e mellora destas instalacións municipais. Doutra banda, tamén ha presentando unha moción na que insta os responsables municipais a estudar a posibilidade de crear un espazo para as mascotas co obxectivo de que os animais poden ter o seu espazo ao aire libre e sen restricións. Para iso, Lama aposta por solar, de titularidade municipal, situado na rúa Juan Carlos Romero Nieto.