Os cultivos de inverno da Limia afóganse

Estado en que se atopan as terras do este da Limia
Os cultivos de inverno da Limia afóganse

Como cumpriremos coa nova PAC, cando 0 80% do trigo, centeo, colza e millorantes están estragados?

Unha vez máis, esta por mor das chuvias os agricultores están preocupados, non solo pola falla de colleitas se non cos compromisos que teñen coas normas da PAC.

Os catro meses de chuvia continuos e esta semana de xeadas fixeron que as raíces das plantas estean completamente podres.

Un 80% do trigo, centeo, e unha parte moi grande da colza, vaise estragar.

Plantación estragada de colza

Amador Díaz, representante da asociación de agricultores da Limia, unha vez máis, e van dúas este ano, pon encima da mesa a situación que están atravesando nestes momentos os agricultores coas plantacións de cereal de inverno e de colza.

Neste momento o 80% da posible colleita, xa está estragada.

Unha posibilidade sería, si hai semillas no mercado, volver a sementar outra vez e esperar que nestes meses volva a saír. Esta posibilidade depende da climatoloxía, pero sobre todo de que no mercado haxa esas semillas para poder volver a comezar o ciclo, cos novos gastos que iso vai acarrear. Este sería un ciclo máis corto de primavera, que é moito menos produtivo.

Todo isto acontece na zona este dende Sarreaus ata Porqueira. A zona da Lagoa, non sementa trigo nesta época.

Así deberían estar

MÁIS PROBLEMAS QUE ESTES PODEN VIR POLA NOVA PAC

Pero os problemas non acaban aquí, comenta Amador, se non que veñen pola nova normativa da PAC que comezou precisamente este ano.

Primeiro que xa foi complicado saber que podíamos e que debíamos sementar. Unha vez aclarado estes pormenores, a nova PAC prima os cultivos de mellorantes e barbeitos, e por suposto de trigo e cereais que agora non vamos a poder cumprir, e non sabemos como van a responder as autoridades, tanto autonómicas, como nacionais e europeas a hora do cumprimento do que nos comprometemos cada un.

Había xente que decidira sementar especies millorantes de longo percorrido , e agora esas non se poden volver a sementar, co cal o cumprimento estrito das novas normas da PAC poden se difíciles de cumprir por algúns dos agricultores. Unha das posibilidades, aínda que moi remotas, podería ser unha declaración de zona afectada gravemente, o que antigamente se denominaba zona catastrófica.

O que si realmente é unha paradoxo e que este mesmo verán estábamos asfixiados pola seca e tan solo 4 meses despois esteamos afogados pola auga.

Finca totalmente estragada