CxG denuncia a construcción dunha pista de padel en Porqueira

concello Porqueira
CxG denuncia a construcción dunha pista de padel en Porqueira

COMPROMISO CALIFICA DE DESPROPÓSITO QUE A DEPUTACIÓN DE OURENSE SUBVENCIONE CON MÁIS DE 5.000 € A CONSTRUCCIÓN DUNHA PISTA DE PADEL EN PORQUEIRA

Pérez Bouza, considera que \“esta estravagante e surrealista decisión é obra de dous políticos profesionais, mediocres, que sempre quixeron ser pijos, pero que desgraciadamente para eles só representan ao máis casposo da política ourensana\”

Compromiso considera un despropósito que a Deputación de Ourense subvencione con máis de 5.000 €, a construcción dunha pista de padel en Porqueira.

Pérez Bouza, Coordenador en Ourense da organización galeguista, en clara alusión ao Presidente da Deputación e á Alcaldesa de Porqueira, considera que \“esta estravagante e surrealista decisión é obra de dous políticos mediocres, que sempre quixeron ser pijos pero que desgraciadamente para eles só representan ao máis casposo da política ourensana\”.

Para Compromiso investimentos como este demostran que hai representantes institucionais que non se enteran do que está pasando e por iso permítense malgastar máis de 5.000 € de diñeiro público, nunha pista de padel nun concello como o de Porqueira, dos máis endebedados de Galicia, coa poboación máis envellecida, que nos útimos 12 anos perdeu preto do 30% dos seus habitantes, que ten un nivel de servizos pésimo e no que moitos veciños/as están pasando por serias dificultades económicas.

Por último, en tono irónico, o Coordenador en Ourense de Compromiso apuntou que \“para completar esta estampa surrealista, só falta que falen co pequeño Nicolas para que consiga que Aznar , gran aficionado ao padel, acuda a Porqueira á inauguración da devandita pista\”