A "Dama da Lagoa" causa gran expectación entre os visitantes aos que dá a benvida en Xinzo de Limia

Dama da Lagoa
A "Dama da Lagoa" causa gran expectación entre os visitantes aos que dá a benvida en Xinzo de Limia
Todos queren facerse unha foto con ela
A Dama da Lagoa causa gran expectación entre os visitantes aos que dá a benvida na entrada de Xinzo de Limia. Impoñente, cos seus 6,5 metros de altura e 75 toneladas, a obra de Xosé Lois Carreira é un novo reclamo turístico no concello e son moitos os que ata ela chegan a pé, en coche ou, incluso, en bicicleta. Nestes días a Dama da Lagoa recibiu ducias de visitas, como as do grupo de ciclistas que, impactados polo seu tamaño e beleza, aparecen na imaxe ao seu carón para sacarse unha foto con ela. Dende que foi instalada o 9 de novembro, foron moitos os que se achegaron á rotonda que dá entrada ao polígono para contemplala. E agárdase que sexan moitos máis os visitantes cando o tempo mellore e se termine de acondicionar o entorno, porque porque, como asegura o seu autor: “Loce espectacular á luz do sol”.