Daniel Blanco será proposto esta noite como cabeza de lista do PP a alcaldía de Xinzo

DANIEL BLANCO1
Daniel Blanco será proposto esta noite como cabeza de lista do PP a alcaldía de Xinzo

Os membros do comité executivo solo terán una proposta encima da mesa

Segundo puido saber dendealimia.com, de fontes do partido popular de Santiago e Ourense, Daniel Blanco, será a proposta de Antonio Pérez ao comité local do partido en Xinzo. Conta con todas as “bendicións” do Presidente Provincial ao cal visitaron na noite do venres e co visto e prace do partido a nivel de Santiago, aínda que as mesmas fontes indicaron que dende Santiago preferían apostar por un candidato de menor idade.

Esta tarde quedará desvelado o segredo gardado durante todas estas semanas, despois de que Manuel Casas dimitirá como alcalde. El era a persoa que Antonio Pérez deixou na alcaldía por mor da súa inhabilitación esperando que continuase, para despois ser o cabeza de lista ás municipais de maio.

Todo se torceu coa súa dimisión e o sustituto Manuel Cabas, nunca demostrou ter aspiracións a encabezar a candidatura do PP. El está disposto a seguir traballando ata maio, coa mesma ilusión que ata hoxe, pero segundo lle manifestou na mañá do luns a Antonio, non se encontra con forzas para seguir na primeira liña, iso si, estaría disposto, dependendo da lista que se conforme a formar parte do equipo a partir das próximas eleccións.

TENENTE DE ALCALDE

Daniel Blanco formou parte da lista do PP que encabezara Casas, e que non alcanzou a maioría absoluta, sustituindo a Casas, cando este se foi para Ourense. Foi concelleiro durante o goberno tripartito e despois foi dúas lexislaturas máis, tenente de alcalde con Isaac Vila, ata que este lle deixou a alcaldía seis meses antes a Antonio Pérez. Coñece ven as entrañas da política municipal, aínda que a administración municipal hoxe está totalmente informatizada, non como cando el abandonou as súas función de concelleiro de Cultura.