Declaracións de Iván Olmos dende Miami

ivan olmos 4
Declaracións de Iván Olmos dende Miami

Dende Miami, facendo escala na miña volta ao país, para amosar publicamente o meu fondo e sincero agradecemento á Concellería de Cultura e Xuventude do Concello de Xinzo de Limia -e á toda a Xunta de Goberno-, pola proposta que Luis Miguel Gil vén de facer a toda a Corporación, solicitando un expediente de honra e recoñecemento público á miña persoa trala miña proclamación como Subcampión Mundial de Discursos en Español e como segundo mellor orador do Campionato Mundial Universitario de Debate en Español 2017, celebrado en Guatemala. É para min unha honra representar a Xinzo e á Limia no maior evento de debate en español do mundo. E supón un orgullo inmenso ser recoñecido polo concello que me viu nacer e do que me sinto parte.