As declaracións que acaba de facer fai uns minutos foron: "para, para, para eu so me comprometín, ante notario, a non pactar co PP".
Amador Diaz, un dos membros do equipo que pasará ás filas do PSOE
Despois deste tempo gobernando “codo con codo” con Elvira, aínda que cando se ausentaba non deixaba as chaves, as cuestións importantes están saíndo adiante. Eu levei un programa que os do noso grupo estamos a executar, neste momento xa o 100% de toda a lexislatura, co cal neste ano e medio que queda aínda faremos máis cousas polos nosos veciños. Creo que nos somos os que pomos un pouco de “sentidiño” no equipo de goberno.
Manolo e Ramiro, concelleiros do XA e do BNG respectivamente , rexeitaron facer declaracións, o primeiro, porque non ten ninguén a quen dar explicacións, e o segundo, porque el é así, un home de poucas palabras. Pero “benditas”.
D. Jaime, párroco de Xinzo, sempre atento aos aconteceres da parroquia:
Como sempre digo, o meu é o apostolado, e non teño queixa de ningún porque acoden todos aos actos relixiosos importantes con grande devoción e recollemento.
José L.Tielas, home que está vinculado musicalmente a Xinzo, tamén quixo que refrexáramos a súa opinión, sobre este feito insólito na política española, da que todos deberían aprender: