Degustacións varias, talleres, concertos de música, bailes e sorteos

Programa ProLimia2021
Degustacións varias, talleres, concertos de música, bailes e sorteos

Todo isto, máis 42 casetas conforman a Feira do Comercio de ProLimia 2021

O próximo venres as 12:00, autoridades locais e provinciais participarán na inauguración oficial da feira do comercio que se instalará no pavillón de deportes de Xinzo e que pechará as súas portas o domingo ás 22:00

ENTRADA GRATUITA, LUDOTECA E XOGOS PARA OS CATIVOS

Todos os días cara ao mediodía haberá degustación de pinchos aportados por distintos establecementos de Xinzo e maridados con viños das tres denominacións de orixe da nosa provincia.

Ás tardes haberá talleres e animación de grupos de baile e charangas dentro do recinto feiral, así como un bingo con premios inmediatos e o domingo ás 20:00 haberá un gran sorteo coas rifas entregadas coas compras feitas na feira.

A entrada todos os días será gratuíta e a organización porá a disposición dos cativos unha ludoteca, para que os maiores poidan percorrer a feira e facer as compras sen que os pequenos e pequenas protesten.

Contan tamén coa colaboración da escola de baile “Danzón” , da Agrupación Musical da Limia e a charanga Achicoria.