O delegado do Goberno asegura que se está traballando intensamente nas investigacións dos lumes

171020 DG reunión incendios
O delegado do Goberno asegura que se está traballando intensamente nas investigacións dos lumes

Na reunión destacouse a importancia da colaboración cidadá.

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, mantivo esta mañá unha reunión co xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil, Anxo Alonso; o xefe superior da Policía Nacional, Manuel Vázquez; e o comisario xefe da UPA, Silverio Branco; na que se confirmou que se están producindo avances nas distintas liñas de investigación en relación cos incendios que o pasado fin de semana destruíron en Galicia máis de 35.500 hectáreas e provocaron o falecemento de catro persoas.

Na reunión confirmouse que se están producindo avances nas distintas liñas de investigación en relación cos incendios.

No encontro realizado na Delegación do Goberno deuse conta da evolución nas distintas liñas de investigación que se están realizando e que están abertas nas catro provincias galegas "están a recollerse as probas e estase traballando intensamente para determinar a orixe dos lumes e deter aos causantes", destacou Santiago Villanueva.

Durante a reunión o delegado do Goberno reafirmou que "este é un tema prioritario, para iso contamos non só cos axentes que están en Galicia senón que ademais esta reforzado con equipos especializados do Seprona da Garda Civil; da Comisaría Xeral de Policía Científica de Madrid e un experto da Xunta de Galicia en materia de incendios forestais". "A perda de vidas humanas, a inxente cantidade de terreo queimado e os danos do patrimonio contan cunha investigación intensa e coordinada", asegurou Villanueva aos responsables de Garda Civil, Policía Nacional e UPA. Do mesmo xeito tamén se lembrou que os axentes están a recoller todas as probas, revisando gravacións de cámaras de seguridade e realizando interrogatorios que poidan axudar á pronta resolución e identificación dos responsables dos incendios forestais.

Na reunión destacouse a importancia da colaboración cidadá.

O responsable da Delegación do Goberno transmitiu así mesmo o seu pésame pola perda de vidas humanas, á vez que comunicou a súa admiración aos máximos responsables polo traballo realizado polos axentes durante a extinción dos incendios: "Felicitar a todos os servizos de emerxencia e corpos de seguridade que traballaron dunha forma intensa nestes incendios, así como á poboación" dixo Santiago Villanueva.

Destacouse que a colaboración cidadá foi moi importante na primeira detención efectuada pola Garda Civil en relación a estes sucesos.

Colaboración cidadá

Así mesmo na reunión destacouse a importancia da colaboración cidadá, para a que se lembra que están habilitados dúas liñas directas con Policía Nacional: vigo.incendios@policia.es, e con Garda Civil: seprona@guardiacivil.es. Tamén se poderá contactar a través do 062 ou das contas oficiais de Garda Civil en Twitter e Facebook. Do mesmo xeito tamén está disposta a conta de correo galipol@xunta.gal. En todos os casos a confidencialidade estará garantida.

En transcurso do encontro destacouse que a colaboración cidadá foi moi importante na primeira detención efectuada pola Garda Civil en relación a estes sucesos e que unha persoa atópase en prisión provisional como responsable dun dos incendios acontecidos en Ourense, nos Blancos. Do mesmo xeito, esta colaboración permitiu a detección de distintos artefactos incendiarios, un deles en Salceda de Caselas (Pontevedra).

No que vai de 2017 a Garda Civil e a UPA investigou ou detivo a 174 persoas relacionadas con incendios forestais, o que dá conta do intenso traballo que cada día realízase na loita contra este tipo de accións delituosas.