Democracia Ourensana busca candidato para Xinzo

14316734_1134122353350549_4556016275285136820_n
Democracia Ourensana busca candidato para Xinzo

Tamén quere confeccionar unha boa lista

Hoxe en Ourense o partido D.O. deu a coñecer os concellos onde pretenden facer listas nas próximas eleccións municipais do ano que ben.

Entre os concellos nos que pretenden presentarse está o de Xinzo e Celanova.

A INTENCIÓN E QUE BALTAR PERDA A MAIORÍA NA DEPUTACIÓN

Postos a fala co coordinador do partido en Ourense, manifestou, que neste momento o único que teñen son contactos con simpatizantes, pero que non teñen nin candidatos a encabezar a lista, nin moito menos xente para que forme parte dela.

A intención presentando candidatura(si podemos) en Celanova e Xinzo e para poder acadar algún deputado Provincial máis e ser chave na Deputación. Os únicos partidos xudiciais da provincia no que se pode prever un cambio , é no de Ourense, que colle Celanova, Allariz e a Limia. Ese é o único obxectivo, aínda que de algunha maneira podería danar o número de deputados de partidos da esquerda, como PSOE, co cal sería o mellor positivo para o PP. Por todo iso temos que estudar moito esa cuestión, aínda que a intención, é presentarnos cunha lista de xente afín aos nosos plantexamentos, non para ser oposición, se non co único obxectivo da Deputación.