Dende a Limia vai contar cunha profesional da estética como colaboradora

isaura
Dende a Limia vai contar cunha profesional da estética como colaboradora

Isaura Caramés Pérez proporcionará consellos e tratamentos de beleza e benestar

Isaura Caramés Pérez natural de Xinzo de Limia, leva máis de 20 anos á fronte do Instituto de Beleza Saxa. Estudou Formación Profesional pola rama de perruquería e estética e é diplomada en estética do pé e en hidroestética termal. Isaura está formada tamén como quiromasaxista do deporte e técnicas manuais e realizou numerosos cursos de maquillaxe profesional coa especialidade de noivas.

A súa experiencia en masaxes está respaldada por ser diplomada en cursos da escola internacional de tratamentos asiáticos Ayuthai, diplomada en masaxes ayurvéricos e como técnico de drenaxe linfático enfocado á estética.

Outro dos campos que destaca na súa formación é a depilación contando con cursos de depilación láser de diodo, eléctrica e de pasta de caramelo. Posúe tamén un título como técnico operador en aparatos de bronceado, técnico en aromaterapia e tratamentos de beleza facial e corporal e é experta na técnica da "maderoterapia".

Con este amplo currículum Isaura continúa medrando no seu campo profesional e na actualidade cursa formación en fitoterapia, benestar e técnicas actuais en cosmotoloxía e aparatoloxía

Dende este mes dá un paso máis e comeza a colaborar con este xornal para asesorar e proporcionar consellos e tratamentos de beleza e benestar.