Dendealimia amplia a súa “nómina” de colaboradores

177
Dendealimia amplia a súa “nómina” de colaboradores

Neste caso súmase DELFÍN CASEIRO NOGUEIRAS nado en Rairiz de Veiga no 1954. Catedrático de Lingua galega e Literatura e Inspector de Educación.

177Ademais de escritor dentro da súa faceta de lingüista é habitual encontralo en intervencións en xornadas didácticas e congresos, conferencias e mesas redondas. Profesor de cursos de Lingua galega e Literatura para distintos colectivos profesionais e sociais.

Estudos e ensaios sobre a obra de Otero Pedrayo, Carlos Casares, Manuel Luís Acuña, Delgado Gurriarán, Riveiro Coello, Antón Tovar, Xoaquín Lorenzo, Lamas Carvajal, Vicente Risco, entre outros moitos.

Entre as súas publicacións atopamos : A voz de Otero (2001); A romaría da Saínza: Mouros e Cristiáns (2003); Catálogo de músicos da Limia (2005); A lenda da lagoa de Antela (2009) e unha unidade didáctica sobre a novela O porco de pé de Vicente Risco.

PRIMEIRO ARTIGO